Narva
Narva (en alemán Narwa) e unha cidade de Estonia situada na fronteira norte con Rusia. O río Narva flúe dende o lago Peipus, directo á cidade. O 1 de xaneiro do 2004 a cidade tiña unha poboación de 67 355 habitantes nunha área de 84,54 km², cunha densidade de poboación de 796,7 hab./km². O 93,85 % da poboación de Narva está formada por rusos, a maior parte inmigrantes da antiga Unión Soviética. Historia[editar | editar a fonte]![]() Fundado durante o reinado dinamarqués na Estonia setentrional no século XIII, o castelo e a cidade de Narva convertéronse en posesión da orde de Livonia despois de 1347. Capturado brevemente polo exército ruso en 1555, Narva cambiou de mans algunhas veces, e despois de 1581 foi controlada por Suecia. A cidade foi reconquistada por Rusia en 1704 e permaneceu no Imperio ruso ata a independencia estoniana en 1918. Ó longo do río Narva atópase un forte ruso, o forte de Ivangorod, fundado polo Gran Duque Ivan III de Moscovia en 1492 e chamados ás veces Conde de Narva. Durante os tempos Soviéticos Narva e Ivangorod estaban irmandadas, a pesar de pertencer a diversas repúblicas. Antes da segunda guerra mundial, Ivangorod (en estoniano coñecido como Jaanilinn) era parte de Narva. Poboación[editar | editar a fonte]Segundo o censo de 2001, o 93,85% dos habitantes de Narva eran rusófonos (86,41% rusos), principalmente inmigrantes rusos da era soviética e os seus descendentes. Durante a segunda guerra mundial a cidade de Narva foi destruída case na súa totalidade. Trala guerra, as autoridades soviéticas prohibiron a volta dos habitantes da preguerra (estonianos na súa maioría, formando o 64,8% da poboación segundo o censo de 1934), alterando radicalmente a composición étnica da vila.[1] Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
|